Xeración A fábrica
Publicado el 27/10/2016
03:40 | 456 visualizaciones
Xeración A Fábrica é o nome co que foi bautizado o estudo que pretende analizar e reflexionar sobre a situación actual da mocidade no Concello de Oleiros. O traballo está baseado na participación dos rapaces e rapazas, creando puntos de encontro nos que poden valorar os servizos e actividades existentes e achegar e debater sobre novas propostas de mellora, facilitando así a coordinación entre os diferentes departamentos municipais que traballan coa xente moza.
